Memoria compartida
É posible que as seguintes funcións do
dispositivo compartan memoria:
mensaxería multimedia (MMS), aplicación
de correo electrónico, mensaxería
instantánea. A utilización dunha ou máis
destas funcións pode reducir a cantidade
de memoria dispoñible para o resto de
funcións. Se o dispositivo amosa unha
mensaxe na que se indica que a memoria
está chea, elimine parte da información
que se atopa almacenada na memoria
compartida.
Durante o funcionamento continuado
como unha chamada de vídeo activa e
conexión de datos de alta velocidade, é
posible que o dispositivo aumente de
temperatura. Na maioría de casos, trátase
de algo normal. Se sospeita que o
dispositivo non funciona correctamente,
envíeo ó centro de servizo técnico
autorizado máis próximo.