Servizos de rede
Para utilizar o dispositivo, cómpre
dispoñer dos servizos dun fornecedor de
servizos sen fíos. Algunhas funcións non
se atopan dispoñibles en todas as redes; é
posible que para poder utilizar outras
funcións sexa necesario establecer
acordos específicos co seu fornecedor de
servizos. Os servizos de rede implican a
transmisión de datos. Comprobe co seu
fornecedor de servizos os detalles verbo
de tarifas na súa rede propia ou durante a
itinerancia noutras redes. Este pode
explicarlle os importes que lle serán
cargados polo servizo. É posible que
algunhas redes teñan limitacións que
afecten ao modo en que se poden utilizar
algunhas funcións deste dispositivo que
requiran soporte da rede, como soporte
para tecnoloxías específicas como os
protocolos WAP 2.0 (HTTP e SSL) que se
executan en protocolos TCP/IP e
caracteres dependentes dos idiomas.
É posible que o seu fornecedor de servizos
ordenase a desactivación ou non
activación de determinadas funcións no
dispositivo. En tal caso, as mencionadas
funcións non aparecerán no menú do
dispositivo. Tamén é posible que o
6
Seguridade
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
dispositivo dispoña de elementos
personalizados como os nomes ou a orde
dos menús e as iconas.