Solución de problemas
Para ver preguntas frecuentes sobre o seu
dispositivo, visite a páxina web
www.nokia.com/support.
P: ¿Cal é o meu contrasinal para os
códigos de bloqueo, PIN ou PUK?
R: O código de bloqueo predeterminado é
12345. Se esquece o código, póñase en
contacto co provedor do teléfono. Se
esquece un código PIN ou PUK ou se non
recibiu dito código, póñase en contacto co
seu fornecedor de servizos de rede.
Se desexa obter máis información sobre
os contrasinais, póñase en contacto co
fornecedor do seu punto de acceso, por
exemplo, un fornecedor de servizos da
Internet comercial (ISP) ou un fornecedor
de servizos de rede.
P: ¿Como pecho unha aplicación que
non está a responder?
R: Seleccione
Opcións
>
Amosar aplics.
abertas
e desprácese á aplicación coa
tecla Menú. Manteña premida a tecla Menú
para abrir a aplicación e seleccione
Opcións
>
Saír
.
P: ¿Por que as imaxes semellan
borrosas?
R: Asegúrese de que as ventás de
protección do obxectivo da cámara estean
limpas.
120 Solución de problemas
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
P: ¿Por que cada vez que acendo o
dispositivo aparecen puntos
descoloridos, brillantes ou que non
aparecen na pantalla?
R: Esta é unha característica propia deste
tipo de pantalla. É posible que algunhas
pantallas conteñan píxeles ou puntos que
permanecen activados ou desactivados.
Isto é normal, non se trata dun fallo.
P: ¿Por que o meu dispositivo Nokia
non pode establecer unha conexión
GPS?
R: O establecemento dunha conexión GPS
pode tardar desde un par de segundos ata
algúns minutos. O establecemento dunha
conexión GPS nun vehículo pode tardar
máis tempo. Se se atopa nun lugar
interior, diríxase ao exterior para recibir
un sinal mellor. Se se atopa ao aire libre,
desprácese ata un espazo máis aberto.
Asegúrese de que a súa man non tapa a
antena GPS do dispositivo. Se as
condicións climáticas non son boas, a
intensidade do sinal pódese ver afectada.
Algúns vehículos posúen cristais tinxidos
(atérmicos) que poden bloquear os sinais
dos satélites.
P: ¿Por que non podo atopar o
dispositivo do meu amigo mentres
utilizo a conectividade Bluetooth?
R: Comprobe que ámbolos dous
dispositivos son compatibles, teñen
activada a conectividade Bluetooth e non
están en modo oculto. Comprobe tamén
que a distancia entre os dous dispositivos
non supera os 10 metros (33 polgadas) e
que non hai paredes nin demais
obstáculos entre os dispositivos.
P: ¿Por que non podo finalizar unha
conexión Bluetooth?
R: Se se conecta outro dispositivo ao
teléfono, pode pechar a conexión desde o
outro dispositivo ou desactivando a
conectividade Bluetooth no teléfono.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Bluetooth
>
Bluetooth
>
Desactivado
.
P: ¿Por que non podo ver un punto de
acceso LAN (WLAN) sen fíos aínda que
sei que me atopo dentro do seu
alcance?
R: É posible que o punto de acceso WLAN
utilice un identificador de serie do servizo
oculto (SSID). Só pode acceder ás redes
que utilizan un SSID oculto se coñece o
SSID correcto e creou un punto de acceso
á Internet WLAN para a rede do teléfono
Nokia.
P: ¿Como desactivo a LAN (WLAN) sen
fíos no meu dispositivo Nokia?
R: A WLAN do seu dispositivo Nokia
desactívase cando non está conectado ou
Solución de problemas 121
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
non está a intentar conectarse a outro
punto de acceso ou non está a escanear
redes dispoñibles. Para reducir máis o
consumo de batería, pode especificar que
o teléfono Nokia non busque ou busque
con menos frecuencia redes dispoñibles
en segundo plano. A WLAN desactívase
entre as buscas en segundo plano.
Para cambiar os axustes das buscas en
segundo plano, leve a cabo o seguinte:
1 Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
WLAN
.
2 Para aumentar o intervalo de tempo
das buscas en segundo plano, axuste
o tempo en Buscar redes. Para deter
as buscas en segundo plano,
seleccione
Amosar dispoñib.
WLAN
>
Nunca
.
3 Para gardar os cambios, seleccione
Atrás
.
Se
Amosar dispoñib. WLAN
está
axustado en
Nunca
, a icona de
dispoñibilidade de WLAN non se
amosará na pantalla de inicio. Non
obstante, aínda pode buscar
manualmente todas as redes WLAN
dispoñibles e conectarse a redes
WLAN como de costume.
P: ¿Que fago se a memoria está chea?
R: Elimine elementos da memoria. Se se
amosa
Non hai memoria abondo para
efectuar a operación. Borre datos.
ou
Memoria baixa. Borre algúns datos da
memoria do teléfono.
cando está a
eliminar varios elementos ao mesmo
tempo, elimine os elementos un a un,
comezando polos máis pequenos.
P: ¿Por que non podo seleccionar un
contacto para a miña mensaxe?
R: A tarxeta de contacto non ten un
número de teléfono, un enderezo ou un
enderezo de correo electrónico.
Seleccione
Menú
>
Axenda
e o contacto
axeitado, e edite a tarxeta de contacto.
P: ¿Como podo finalizar a conexión de
datos cando o dispositivo inicia unha
conexión de datos repetidamente?
R: É posible que o dispositivo estea a
intentar recuperar unha mensaxe
multimedia do centro de mensaxes
multimedia. Para que dispositivo non
realice unha conexión de datos,
seleccione
Menú
>
Mensaxería
e
Opcións
>
Axustes
>
Mensaxe
multimedia
>
Recuperación
multimedia
. Seleccione
Manual
para que
o centro de mensaxes multimedia garde
as mensaxes para recuperalas máis tarde,
ou
Desactivado
para ignorar todas as
mensaxes multimedia entrantes. Se
selecciona
Manual
, recibirá unha
notificación cando teña unha mensaxe
nova no centro de mensaxes multimedia.
Se selecciona
Desactivado
, o dispositivo
non realizará ningunha conexión de rede
relacionada coa mensaxería multimedia.
Para axustar o dispositivo para que utilice
unha conexión de paquetes de datos só se
inicia unha aplicación ou acción que a
necesita, seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Axustes admin.
>
Paquetes datos
>
Conexión paquetes
datos
>
Se cómpre
.
Se isto non soluciona o problema,
desactive o dispositivo e volva activalo.
122 Solución de problemas
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
P: ¿Podo utilizar o meu dispositivo
Nokia como un módem de fax cun
ordenador compatible?
R: Non é posible utilizar o dispositivo
como un módem de fax. Non obstante, coa
función de desvío de chamadas (servizo
de rede), pode desviar as chamadas de fax
entrantes a un número de fax.
P: ¿Como calibro a pantalla?
R: A pantalla vén calibrada de fábrica. No
caso de que fose necesario volver a
calibrar a pantalla, seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Entrada toque
>
Calibración pantalla táctil
. Siga as
instrucións.