Os meus vídeos
Os meus vídeos é unha localización de
almacenaxe para todos os vídeos. É
posible obter unha lista dos vídeos
descargados e dos videoclips gravados
coa cámara do dispositivo en vistas
separadas.
Para abrir un cartafol e ver videoclips,
seleccione o cartafol. Cando a reprodución
dun videoclip está en marcha, puntee na
pantalla para usar as teclas de control
para controlar o reprodutor.
Para axustar o volume, prema a tecla de
volume.
Seleccione
Opcións
e escolla entre as
seguintes:
Proseguir descarga — Continuar unha
descarga en pausa ou con erros.
Cancelar descarga — Cancelar unha
descarga.
Detalles do videoclip — Ver información
sobre un videoclip.
Estado da memoria — Permite ver o
total de memoria dispoñible e en uso.
Ordenar por — Ordenar videoclips.
Seleccione a categoría desexada.
Mover e copiar — Mover ou copiar
videoclips. Seleccione
Copiar
ou
Mover
e
a situación desexada.