Transferencia de videoclips dende o
seu ordenador
Transfira os seus propios videoclips dende
dispositivos compatibles utilizando un
cable de datos USB compatible. Soamente
se amosarán videoclips que estean nun
formato admitido polo seu dispositivo.
1 Para ver o seu dispositivo nun
ordenador como un dispositivo de
memoria masiva ao que pode
transferir calquera ficheiro de datos,
conéctese utilizando un cable de
datos USB compatible.
2 Seleccione
Almac. masiva
como
modo de conexión. Cómpre inserir
unha tarxeta de memoria compatible
no dispositivo.
3 Seleccione os videoclips que desexe
copiar desde o ordenador.
4 Transfira os videoclips ao cartafol
Vídeos na tarxeta de memoria.